Chámome Dani García e hai case dez anos coñecín a unha persoa que cambiaría a miña vida, Luis Ramos. Ensinoume a disfrutar do teatro.

Pouco despois din un salto do teatro á maxia, e xa levo oito anos intentando combinar estas dúas grandes paixóns.

Despois de moito traballo e funcións tetarais debutei profesionalmente como mago na gala “Parkinson 2002”, á que lle seguiu a “Gran Gala Aniversario dos premios Diario de Ferrol 2003”, o XXVI Congreso Máxico Nacional en Zaragoza, o Festival da terra e da lingua, e a gala UNICEF, as tres no 2004, ou a inauguración do campo de golf Campomar no 2005.

Todo isto combinado con programas de televisión, actuacións en concellos, colexios, locais sociais e de ocio e dende o 2004 ata agora formándome e colaborando coa escola profesional de teatro de Narón coa que espero seguir vinculado durante moito tempo.